Buscar este blog

viernes, 24 de enero de 2020

Marimurtra-xardín botánico na Costa Brava

Tiven a sorte de  visitar un dos xardíns botánicos da Costa Brava: o Marimurtra Botanicus con un día estupendo, aínda que era do mes de xaneiro. Como é de agardar había moitas plantas, pero poucas flores, pois estamos nos días máis fríos do ano.
Nesta zona hai tres xardíns visitables, que no caso de visitar os tres ofrecen un bo desconto:O Marimurtra,  O xardín histórico de Santa Clotilde e o xardín Botánico Tropical Paratge Pinya de Rosa.

















As vistas á Costa Brava son espectaculares, só por eso merece a pena a visita.

















A colección de plantas está adaptada á zona... hai moitas plantas de zonas secas e unha colección de plantas tropicales moi importante.



viernes, 20 de diciembre de 2019

Tempo de recollerse ao calor do lume





Levamos varios meses con chuvia por aquí por Galicia, e poucos días de sol. É tempo de recollerse ao calor do lume nas casas. Estamos agardando o solsticio de inverno... agardando a que a luz venza as tebras... comecen a medrar os días e  veña unha nova época. Estamos no Nadal, no Advento, agardando un ano novo.

É costume colocar arranxos nas casas, eu cada ano coloco algo, procuro na horta, nun monte cercano.. algo que poida coller sen dañalo e que sexa biodegradable. Desta vez con uns bimbios e unhas hedras fixen unha coroa.

Tamén lle dei uso a uns cacharros que atopei nunha escombreira nun bosque nos Ancares nunha visita que fixen por alá. Uns cacharros vellos que terían moita historia e eu deille unha segunda vida. Despois con piñas, paus con liquens e polas da horta xa se fai o arranxo.

Que este ano vindeiro nos traia moita natureza, música e luz para seguir o camiño.









´





lunes, 16 de diciembre de 2019

Camelia sasanqua e outras en Boiro

Esta fin de semana celebrouse na localidade de Boiro una das primeiras exposicións de flor de camelia da temporada. Adicada especialmente á camelia sasanqua , aínda que se puideron ver moitas outras que xa están en flor aquí por Galicia.Ó igual que a camelia japónica necesita o chan ácido e  tolera mellor o sol. Esta camelia é moi valorada  pola súa produción de aceite.
 
Puidemos disfrutar de moita variedade de flor de distintos expositores: Clara Abalo Osorio, Leonor Magariños, Ana Isabel Calo de "A Casa das Camelias", Begoña Franco,  Eusebio de Viveros D´Ortel, Viveros Flavius de Antonio Asunsao entre outros moitos. Tamén tivemos ocasión para comprar distintos exemplares pois nestas exposicións hai vendedores especializados. Alí estaba Chicho Torres e Viveros D´Ortel.




 Unha composición orixinal coa flor da "Banksia"








camelia japónica general coletti






































martes, 8 de octubre de 2019

Benvido outono


Estamos noutra estación, choveu e os campos volven a estar verdes. A color dalgunhas plantas como as hydrangeas xa nos dí que estamos noutra estación: outono.



 

Leonotis Nepetifolia ou orella de león


Rudbeckia


Sedum e Gauras con color de outono




Callicarpa bodinieiri



Biburnum




Cyathea medularis,obra da empresa galega Balantium


Hibiscus siriacus