Buscar este blog

lunes, 30 de junio de 2014

Agapantos





Así comecei cos agapantos:

Tiña unha zona que me era moi difícil de recortarlle a herba... porque estaba en pendente, así que pensei nos agapantos.
Propagueinas de dous xeitos: con algunhas que comprei e que me regalaron, dividin os rizomas. Coas sementes fixen un semilleiro, que nacen moi ben, e fixen toda a plantación. Este ano agardo que teñan algunha flor máis.Agardo que saian azuis e blanco
O agapanto ou “flores do amor” , pois é o que significa o seu nome científico en grego. Tratase  dunha planta moi rústica cunhas flores moi decorativas no verán. Procede do sur de Africa, dahí o seu nome científico: Agapanthus africanus. Foi introducida no século XVII en Europa como planta ornamental de exterior. Na nosa zona, de clima húmedo e suave dáse moi ben.
Planta con raíces tuberosas,soporta a escaseza da auga, as follas son de color verde intenso. As flores son inoloras de cor azul ou blanco , reunidas en umbelas moi fermosas, que sobresalen por enriba das follas.