Buscar este blog

martes, 31 de marzo de 2015

Sigue a floración das camelias no xardín.

Continúan as camelias coa flor, e van empezar as azaleas....
Esta é Camelia reticulata Cliford Parks. As camelias teñen que estar en semisombra. Esta está debaixo dun magnolio que a protexe dos raios fortes do sol, que aquí en Galicia tampouco quentan moito... pero ás Camelias gústalle estar ó abrigo doutras árbores.








As azaleas xa están empezando...

As árbores como esta claudieira están en plena floración, moi fermosas.


 Estou agardando a que esta peonía bote flor, este ano tampouco vai ser.... non vexo ningún capullo. Por aquí non son comúns ata agora as peonías....Esta foi unha planta que descubrín hai pouco, pero é bastante caprichosa. De momento puxen algún exemplar , pero estou intentando localizar cal é o sitio que máis lle gusta, porque non teño moi claro se queren moito sol ou semisombra. Na zona norte de Portugal teño visto bastantes....son habituais nos xardíns , claro que hai máis sol que aquí na zona de Santiago....


lunes, 30 de marzo de 2015

Siguen as exposicións da Camelia, esta vez en Padrón.

As camelias siguen con flor en Galicia, polo que a Sociedade Española da Camelia http://www.cameliagalicia.com/ sigue organizando as exposicións. Esta vez en Padrón.



























lunes, 16 de marzo de 2015

Margaridas campestres por toda a horta e xardín



Hoxe cando cheguei á casa do traballo e puiden saír a fóra.. quedei impresionada do bonito que estaba o campo... e pensei... que mágoa ter que cortar a herba un día destes... Tantas margaridas...qué bonito!




A ventaxa é que en poucos días volven a saír...

Na horta que temos darredor da casa hai variedade de árbores que son frutales, dos que se dan por aquí: maceiras, pereiras, ameixeiras, claudieiras, unha figueira, feixoas, unha laranxeira, nogueiras, unha cerdeira... Tamén hai algún árbol grande como o magnolio e un piñeiro que é unha araucaria . Debaixo das árbores grandes e dos frutales hai unha colección de camelias que van medrando pouco a pouco, pois encántalle a semisombra...

Tamén hai azaleas, xa están empezando a  botar a flor...

Unha camelia Cliford Park





domingo, 15 de marzo de 2015

Seguimos coas exposicións da camelia... esta vez en Vilagarcía

A camelia chegou de oriente a Galicia e ten aquí un hábitat perfecto para a súa floración. Durante o inverno, dende novembro ata abril sucédense exposicións desta flor por distintas vilas galegas. A sociedade da camelia promociona este arbusto coas exposicións da Camelia. Unha das máis importantes é a exposición internacional de Vilagarcía. Aquí vos traio unha pequena mostra  desta exposición, unha das máis importantes , unha das que máis exemplares de flores recolle.