Esta fin de semana celebrouse na localidade de Boiro una das primeiras exposicións de flor de camelia da temporada. Adicada especialmente á camelia sasanqua , aínda que se puideron ver moitas outras que xa están en flor aquí por Galicia.Ó igual que a camelia japónica necesita o chan ácido e tolera mellor o sol. Esta camelia é moi valorada pola súa produción de aceite.
Puidemos disfrutar de moita variedade de flor de distintos expositores: Clara Abalo Osorio, Leonor Magariños, Ana Isabel Calo de "A Casa das Camelias", Begoña Franco, Eusebio de Viveros D´Ortel, Viveros Flavius de Antonio Asunsao entre outros moitos. Tamén tivemos ocasión para comprar distintos exemplares pois nestas exposicións hai vendedores especializados. Alí estaba Chicho Torres e Viveros D´Ortel.
Unha composición orixinal coa flor da "Banksia"
camelia japónica general coletti |
No hay comentarios:
Publicar un comentario