Buscar este blog

martes, 15 de abril de 2014

Evolución do estanque

Evolución do estanque.
Está só feita a metade do estanque, pero estou impaciente coas plantas que coloquei, estou agardando a que medren e cubran o plástico.
Hai tres zonas. Unha profunda onde coloco plantas sumerxidas en maceta como o Papiro ou Cyperus Papirus. Colocarei tamén nenúfares....Tamén hai peixiños...
Outra zona non tan profunda, con plantas sumerxidas, na que coloquei lirio da auga, que seique é unha planta invasiva..., un tipo de iris, e algunhas máis.
Despois está a zona de borde, que ten humidade: xa están plantadas Iris germánica, aguja reptans, varios tipos de hortensias....


 



O estanque vai servir tamén para acumular  auga para regar o resto do arboredo que hai pola horta, para iso están colocadas dúas mangueiras.