Buscar este blog

lunes, 18 de diciembre de 2017

Exposición de flor de camelia en Boiro

Esta fin de semana celebrouse a IX exposición da Camelia sasanqua e outras na localidade coruñesa de Boiro. Estas son algunhas imaxes tomadas da exposición.
Unha exposición con  moita variedade e moi interesante.
 
 
 
 












 
Todas estas flores son de camelias que nesta época invernal están en flor. Qué beleza!. Flor no inverno.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Mais outono

O outono é esa estación maravillosa na que hai unha diversidade de colores e de luz. Este ano con pouca chuvia a beleza do xardín é maior.

Cornus florida



Dalia real

O acebo xa nos está anunciando o Nadal... Unha árbore que da de comer a tódolos paxariños que pasan por aquí no inverno.



Acebo


Caquis, aquí non deixan de ser exóticos. Unha árbore de nadal auténtica. Os froitos quedarán na árbore desnuda.



As hostas no outono viran color amarelo antes de desaparecer por completo no inverno.

O noso can sabe ben onde tomar o raiolo....





miércoles, 15 de noviembre de 2017

OUTONO URBANO

As cores do outono están espectaculares, só hai que mirar polos parques de Santiago de Compostela...Neste caso moi perto do traballo atopei estas imaxes.  As árbores gingo biloba co seu amarelo característico desta época son unha luz no ceo.
 
 
 











jueves, 26 de octubre de 2017

As cores do outono

Este ano está sendo anormal en Galicia, con moito sol e moita seca. Para a natureza  non é bo porque falta auga na época en que debería chover. Sen embargo para a xente é estupendo. Días soleados que nos deixan observar as cores do outono.











miércoles, 30 de agosto de 2017

No outono a horta mantén ó seu dono

Está chegando o outono e como din en Galicia no outono a horta mantén ao seu dono. Achégovos as imaxes de froitos que están chegando como os péxegos e as noces... así como de flores que nos acompañarán durante esta nova etapa que é maravillosa.