Buscar este blog

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Tempo de camelias

Tempo de camelias por aquí. O inverno está chegando... as árbores van quedando desnudas e aparecen as flores das camelias. Qué sorte vivir nesta zona templada onde poder disfrutar de tanta flor nesta época do ano, en que as temperaturas se achegan aos cero grados. Que valentes son as camelias coa temperatura.... regálannos flores así de fermosas.

jueves, 12 de noviembre de 2020

Teño desatendido o blog pois ao poñer algo.... fotografías... coa nova versión... teño problemas...

martes, 25 de agosto de 2020

Hibiscus Moscheutos

Hibiscus moscheutos... variedade da familia das malváceas, oriúndo de América do Norte.  Gústalle a auga e o sol. As súas sementes son afrodisíacas e o aceite que se extrae delas pode ser usado na perfumería.




Antigamente estes tipos de hibisco viñan como palustris... pero non é tanto así, gústalle moito a auga, sen embargo vive sen estar encharcado.

lunes, 29 de junio de 2020

HORTENSIAS PANICULATAS.. POR ALGO SON HYDRANGEAS


Vai dar comezo o  mes de xullo e  as hydrangeas paniculatas empezan a florear...agora vése a perfecta diferencia entre elas. Estas hortensias aguantan perfectamente o pleno  sol de Galicia. Gústalles a auga coma a todas.





Hydrangea paniculata lime light




 Hydrangea paniculata lime light


 Hydrangea paniculata lime light

Hydrangea paniculata vainille fraise

Hydrangea paniculata vainille fraise

miércoles, 10 de junio de 2020

Tempo de hydrangeas

Agora é tempo de hortensias. O xénero hydrangea comprende máis de 40 especies, a súa  orixe está en Asia e en América. En Galicia están estupendas.
No noso xardín só hai  estas variedades: hydrangea macrophylla, hydrangea paniculata, hydrangea quercifolia e hydrangea arborescens.



Hydrangea quercifolia


Hydrangea macrophylla

Hydrangea macrophylla



Hydrangea quercifolia


hydrangea arborescens annabel



A todas estas gústalles a semisombra, como en Galicia hai moitos días en semisombra e o chan é ácido están estupendamente.


Agardamos ao mes de xullo para ver as flores das hydrangeas paniculatas. Estas hydrangeas paniculatas están mellor ao sol.


miércoles, 26 de febrero de 2020

Mazcaras de Manzaneda-Folión

Na serra de Manzaneda, na aldea de Requeixo baixan xuntos co Folión. Unhas imaxes e videos  amosan a tipicidade deste peculiar e fermosísimo Entroido que pervive na Galicia na montaña central ourensá. O sonido atronador de bombos e utensilios metálicos  de labranza acompañan ao personaxe principal "mazcara" que vai danzando ao ritmo que eles marcan. Este ano celebrárono en Requeixo o sábado de Entroido. Despois deste desfile houbo un teatrillo en verso moi interesante... pois critican con humor o que sucede no lugar. Deseguido rematou cunha comida  popular con produtos desta época.


















Paisaxe da serra


martes, 18 de febrero de 2020

CAMELIAS E INVERNO... COLORIDO


Un paseo polas camelias da nosa horta......A camelia ou a amas ou a detestas. Algunha xente dí que a camelia é sucia... pois cáenlle as flores ao chan. Eu son das que amo as camelias. Ten flor nunha época en que non hai flores pois aquí é inverno, algunhas como as sasanquas teñen perfume  e non importa nin me molesta que lle caian as flores, pois mesmo así... as flores caídas son bonitas.