Buscar este blog

viernes, 20 de diciembre de 2019

Tempo de recollerse ao calor do lume





Levamos varios meses con chuvia por aquí por Galicia, e poucos días de sol. É tempo de recollerse ao calor do lume nas casas. Estamos agardando o solsticio de inverno... agardando a que a luz venza as tebras... comecen a medrar os días e  veña unha nova época. Estamos no Nadal, no Advento, agardando un ano novo.

É costume colocar arranxos nas casas, eu cada ano coloco algo, procuro na horta, nun monte cercano.. algo que poida coller sen dañalo e que sexa biodegradable. Desta vez con uns bimbios e unhas hedras fixen unha coroa.

Tamén lle dei uso a uns cacharros que atopei nunha escombreira nun bosque nos Ancares nunha visita que fixen por alá. Uns cacharros vellos que terían moita historia e eu deille unha segunda vida. Despois con piñas, paus con liquens e polas da horta xa se fai o arranxo.

Que este ano vindeiro nos traia moita natureza, música e luz para seguir o camiño.









´





lunes, 16 de diciembre de 2019

Camelia sasanqua e outras en Boiro

Esta fin de semana celebrouse na localidade de Boiro una das primeiras exposicións de flor de camelia da temporada. Adicada especialmente á camelia sasanqua , aínda que se puideron ver moitas outras que xa están en flor aquí por Galicia.Ó igual que a camelia japónica necesita o chan ácido e  tolera mellor o sol. Esta camelia é moi valorada  pola súa produción de aceite.
 
Puidemos disfrutar de moita variedade de flor de distintos expositores: Clara Abalo Osorio, Leonor Magariños, Ana Isabel Calo de "A Casa das Camelias", Begoña Franco,  Eusebio de Viveros D´Ortel, Viveros Flavius de Antonio Asunsao entre outros moitos. Tamén tivemos ocasión para comprar distintos exemplares pois nestas exposicións hai vendedores especializados. Alí estaba Chicho Torres e Viveros D´Ortel.




 Unha composición orixinal coa flor da "Banksia"








camelia japónica general coletti