Buscar este blog

miércoles, 31 de mayo de 2017

Lupinos

Antigamente había unha planta que aparecía nas leiras que lle chamabamos chícharo do raposo, algo semellante aos lupinos ou altramuces... Esta planta empeza a ser coñecida nos xardíns por aquí, xa a vin na zona vella de Compostela nos xardíns. Esta imaxe é na miña horta, onde se da ben se está a media sombra...
 
 
 
 



jueves, 25 de mayo de 2017

Dracúnculos vulgaris

Estes días tiven una sorpresa especial, esta planta que se chama dracúnculos vulgaris (flor de Drácula) botou flor, o día que florea ten un olor nauseabundo, cheira a carne podre... menos mal que este olor dura só un día.

 
Esta planta ten o seu hábitat natural nos Balcans e está estendida por Grecia tamén. E toda venenosa, incluso a tocala pode producir reaccións como picor...

martes, 23 de mayo de 2017

Peonías

As flores da peonía son  das máis bonitas que hai. Proceden de Europa, Asia e Norteamérica. Na China son o emblema nacional. Son moi lindas... só que duran demasiado pouco.  Poden ser herbáceas e leñosas. Botan agora a flor e no inverno desaparécelle a parte aérea.
Gústalle estar nun lugar que teña unhas horas sol . En canto á terra, gústalle que non sexa ácida, polo que aquí é mellor poñerlle un complemento.
 
 






viernes, 19 de mayo de 2017

Sigue a primavera....

A primavera sigue... Viñeron as chuvias e as plantas notárono... As hostas están máis frondosas.
Están en flor os pendientes da reina, unha planta delicada pois a cada pouco vai secando unha... hai que estar repoñendo e facendo novas para non quedar sen elas.
 
 
Hostas

Lupinos



Pendientes da reina


Hosta


Peonía


domingo, 14 de mayo de 2017

Horta

Para mín a horta é outro xardín, onde se cultivan plantas comestibles. Gústame gardar a estética da plantación...  Ultimamente coloco plantas con flor como tagetes no medio das plantas de comer... Os tagetes ,ademáis de dar moitas flores , protexen a plantación de enfermidades da terra.







Maio e as súas floracións

Despois de  días de sol chegou a Galicia  a chuvia. Aquí vos deixo unhas imaxes das floracións deste mes. As peonías  son unhas flores preciosas moi agardadas.




Cornus






Clematis

Enredadera Flor da Pasión


Ornitogalo



Peonía


lunes, 1 de mayo de 2017

Abril, hostas e rosas

As hostas son plantas resistentes que se dan ben en semisombra...o enemigo que teñen é os caracois. Polo demáis estou encantada con elas. 
Por fin choveu en Galicia, mirade que é raro que haxa que pedir auga na nosa terra... pois este ano pasou. 

Hostas


Iris no estanque

Hosta