Levamos varios meses con chuvia por aquí por Galicia, e poucos días de sol. É tempo de recollerse ao calor do lume nas casas. Estamos agardando o solsticio de inverno... agardando a que a luz venza as tebras... comecen a medrar os días e veña unha nova época. Estamos no Nadal, no Advento, agardando un ano novo.
É costume colocar arranxos nas casas, eu cada ano coloco algo, procuro na horta, nun monte cercano.. algo que poida coller sen dañalo e que sexa biodegradable. Desta vez con uns bimbios e unhas hedras fixen unha coroa.
Tamén lle dei uso a uns cacharros que atopei nunha escombreira nun bosque nos Ancares nunha visita que fixen por alá. Uns cacharros vellos que terían moita historia e eu deille unha segunda vida. Despois con piñas, paus con liquens e polas da horta xa se fai o arranxo.
Que este ano vindeiro nos traia moita natureza, música e luz para seguir o camiño.
´
No hay comentarios:
Publicar un comentario