Buscar este blog

miércoles, 26 de febrero de 2020

Mazcaras de Manzaneda-Folión

Na serra de Manzaneda, na aldea de Requeixo baixan xuntos co Folión. Unhas imaxes e videos  amosan a tipicidade deste peculiar e fermosísimo Entroido que pervive na Galicia na montaña central ourensá. O sonido atronador de bombos e utensilios metálicos  de labranza acompañan ao personaxe principal "mazcara" que vai danzando ao ritmo que eles marcan. Este ano celebrárono en Requeixo o sábado de Entroido. Despois deste desfile houbo un teatrillo en verso moi interesante... pois critican con humor o que sucede no lugar. Deseguido rematou cunha comida  popular con produtos desta época.


















Paisaxe da serra


martes, 18 de febrero de 2020

CAMELIAS E INVERNO... COLORIDO


Un paseo polas camelias da nosa horta......A camelia ou a amas ou a detestas. Algunha xente dí que a camelia é sucia... pois cáenlle as flores ao chan. Eu son das que amo as camelias. Ten flor nunha época en que non hai flores pois aquí é inverno, algunhas como as sasanquas teñen perfume  e non importa nin me molesta que lle caian as flores, pois mesmo así... as flores caídas son bonitas.




























martes, 4 de febrero de 2020

Exposición de Flor de Camelia en Compostela no Barrio de Rocha Forte


A fin de semana pasada tivemos a sorte de visitar a XI Exposición de Flor de Camelia en Rocha Forte. Puidemos contemplar a colección de flores de camelia de moitos cultivadores da zona: Clara Abalo Osorio, Leonor Magariños, Ana Isabel Calo de "A Casa das Camelias", José Freire... e moitos outros.









Exemplares de "Valentín day"