Buscar este blog

sábado, 21 de febrero de 2015

Impaciente porque chegue a primavera

Estas imaxes son de hoxe á mañá.... estou impaciente porque chegue o bo tempo e poder disfrutar da horta e do xardín. Aquí en Galicia, que temos moitos días grises e con chuvia, un día que ven de sol disfrutámolo moitísimo.
As Hostas xa casi están para dividir.... quero facer varias plantas, encántanme, e tamén ós caracois.
Unha veciña amiga miña deume a primeira planta, que eu aínda non coñecía, pero agora xa a teño controlada e penso buscarlle moita utilidade... gústalle a sombra, en inverno queda sen folla. A súa importancia é a folla, non a flor, hai moitas variedades e é moi bonita. Nos xardíns daquí, case que non a hai, só nun a vin, pero vexo que é moi popular noutros do norte... vale a pena.
Esta é unha combinación de narcisos e muscaris... 



Os kiwis aínda están no emparrado...agora é cando máis saborosos están...


Este ano quixemos facer unha plantación de rosales, están nun sitio soleado, a ver o que sale daquí.  Fomos conseguindo de veciños e amigos que nolos deron. Eso de intercambiar plantas está fenomenal. Ademáis se che morre algunha planta pois tes a posibilidade de pedirlla .
Esta é unha peonía, outra das plantas que eu coñecín hai pouco tempo, sen embargo son espectaculares cando botan flor. Teño visto moitas no norte de Portugal, sen embargo por aquí polos xardíns non é moi popular.



lunes, 16 de febrero de 2015

Camelias... novas floracións no xardín

Nestes días fríos e chuviosos siguen coa floración as camelias.




Camelia Arcozuelo

Camelia reticulata Clifford Parks

Camelia japónica Herzilia de Freitas Magalhaes
Esta camelia cambia a súa cor da flor, as primeiras son máis moradas. Tamén depende a color do solo.
Camelia japónica Jerry donnan

Camelia raticulata Clifford Parks
Camelia japónica Black Magic

Este ano esta camelia só ten dous capullos, pero son todo un espectáculo


.




domingo, 15 de febrero de 2015

Exposición de camelias en Galicia

Este domingo houbo unha exposición de camelias en Tomiño. Está patrocinada pola Sociedade española da Camelia.O blog de enlace desta sociedade é http://www.cameliagalicia.com















O calendario de exposicións para este ano está relacionado na páxina do blog da Sociedade Española da Camelia: http://www.cameliagalicia.com


viernes, 13 de febrero de 2015

Tres cousas hai no xardín: olor, color e aviso de que termina o inverno

Tres cousas destacadas hai no xardín: o olor que desprende o Dafne Odora aureomarginata


Este arbusto, que está agora en floración, é un perfumador natural da horta e do xardín. O seu arrecendo  esténdese darredor súa, con un olor entre cítrico e dulce.




 O color está presente por toda a horta , as camelias siguen en flor.

 O aviso de que o inverno xa está rematando, ou polo menos xa se cambiou de época son os narcisos.

 Máis camelias




 A Handerbergia é unha trepadora que anuncia o cambio de época no xardín, é moi madrugadora en botar flor.

domingo, 8 de febrero de 2015

Exposicións de Camelias

Un dos acontecementos máis importantes no mundo da xardinería en Galicia son as exposicións de Camelias que se fan durante o inverno, dende decembro ata marzo. Nestas exposicións en que tódalas persoas que teñen cultivares de camelia expoñen as súas flores. A sociedade da Camelia ven promovendo estas exposicións dando a coñecer esta flor, que en Galicia dase estupendamente.
Aqui van algunhas das fotos da exposición que se celebrou o 7 e 8 de febreiro en Santiago de Compostela, no barrio da Rocha.
O máis impresionante de todo é que estas flores saen nesta época do ano, en que hai temperaturas de cero grados pola noite.









domingo, 1 de febrero de 2015

Visita aos xardíns do Pazo de Rubiáns

Un dos xardíns de máis importancia en Galicia , onde hai máis variedades de Camelias é o Pazo de Rubians. Situado na ría de Arousa, foi declarado xardín de excelencia internacional da Camelia no ano 2014.
Moi bonita e interesante a visita guiada a estes xardíns.