Buscar este blog

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Visita á Casa das Camelias en Boiro

Estes días fixen unha visita a este lugar.  Ana Calo  vive con pasión coleccionar todo tipo de plantas, entre elas ten un lugar destacado para as Camelias. Nesta época do ano xa están en flor as camelias sasanquas.  Para todos aquelas persoas que queirades saber algo máis das Camelias ,e de toda a diversidade que hai , a fin de semana do  11 e 12 de decembro hai unha exposición en Boiro desta flor.
 
 Unha das plantas que máis me impresionou nesta visita foi a Dalia Real. Cunha altura duns 4 metros estaba espléndida.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Máis outono, máis color

As árbores estánse desnudando para recibir o inverno e na horta hai follas por tódolos sitios.  Todas aquelas plantas que no inverno están desnudas están agora máis bonitas que nunca.
 
 
 


Ajania


caquis


Cornus


acebo