Buscar este blog

jueves, 29 de diciembre de 2016

Inverno no Parque Natural das Hoces do Duratón

Este inverno tiven a oportunidade de visitar  o Parque Natural das Hoces do río Duratón en Segovia. Aínda sendo inverno a natureza sempre está fermosa. Estas Hoces están nunha paisaxe moi árida, o que máis abundaba eran roseiras silvestres que agora estaban co froito.












Tomamos como base o pueblo de Sepúlveda, e dende alí disfrutamos da paisaxe das Hoces do Duratón así como de pueblos con encanto como Pedraza e Riaza. Esta zona xunto coa terra de pinares ofrece unha excursión moi interesante, paisaxes diferentes e moi interesantes e fermosos. Nesta paraxe hai a maior colonia de buitres leonados de Europa.