Buscar este blog

miércoles, 14 de mayo de 2014

Hostas

Este ano medrou un montón, gústalle o sitio. Agora xa teño catro tipos de hosta. 
Quero facer para o ano unha plantación delas todo por debaixo de árbores, 
en zona sombría. A verdade é que me encantan, o mesmo que os caracois...

Clematis




Clematis:
Teño dúas clematis, unha azul e outra blanca, 
dos que non sei o nome científico.
Folla caduca, ubicación en sol ou semisombra.
As clematis teñen flores vistosas e delicadas. 
Hai algunhas con folla perenne. As miñas son de folla caduca. 
Agora quero combinalas con outras enredadeiras.
***
Ubicación: Sol ou semisombra
Rego: Abundante durante primavera e verán
Altura potencial: 2 o 3 m.
Diámetro potencial: ensancha entre 1 m o 1'5 m.
***
Consellos para a súa poda:
As flores aparecen na madeira nova que  medrou na primavera e convén podalas drásticamente a finais do inverno según teño lido nos blogs de xardinería, cando están completamente inactivas, a unha altura de 30 e 40 cm. Deixanse 2 pares de xemas en cada tallo da planta.

Está con flor en abril.



Ixias

As uñas de gato xa están con flor. 
As violas siguen con flor despois de varios meses, 
ademáis seméntanse na terra e siguen nacendo máis.

Os primeiros rosais


A flor da pasiflora, ou flor da pasión, enredadeira moi sufrida.


Gazania: Planta herbácea perenne ou semiperenne 
de orixe sudafricano, de color grisáceo e flores grandes.

É unha planta cultivada como anual en climas  de invernos fríos. 
No noso clima, que é templado, aguanta perfectamente o inverno, vexeta con matas rastreras e non supera os 20 cm.

Lupino: Esta planta é silvestre no sur da Arxentina. 
Eu sementei as sementes e quedaron algúns. 
Agora van botar a flor.

A glicinia xa tivo o seu momento esplendoroso hai unha semana.

Salvia

Sedum: Unha das mellares virtudes é a súa deliciosa floración a finais de verán , que se prolonga case ata ben entrado o outono e deixa paso a unha bonita madurez, a planta toma tonos cobrizos e pouco a pouco  vai deixando as follas . Despois agroma na primavera, que é como está agora.













Ixia Viridifolia

IXIA VIRIDIFOLIA.
É  unha planta de folla acintada e perenne. Para o ano vounas colocar en grupos, a ver se locen máis. As flores péchanse cando se pon o sol e abren cando quenta. Florean agora en abril, maio. Os bulbos planteinos en outono.
Esta é unha planta orixinaria de Sudáfrica, rexión Sur e occidental de El Cabo, seique no seu hábitat está case en peligro de extinción, pero en Europa foi introducida a mediados do século XVIII, e actualmente quitan novos híbridos e cultivares.
O nome provén dunha planta antigua grega, con gran variabilidad na color da súa flor ó igual que esta planta. O apelido viridiflora significa verde con flores. Necesita pouca auga no verán , e sitio soleado.