Buscar este blog

lunes, 28 de septiembre de 2015

Outono é sinónimo de melóns e cabazas...

O outono en Galicia con sol é maravilloso. Chegan os melóns para darnos colorido...As cabaciñas coas súas múltiples formas e colorido son unha delicia.










viernes, 18 de septiembre de 2015

Chegou o outono



Chegou o outono e con él as  súas cores, as hortensias e as cabazas e melóns...



 O sedun xa pon un pouco de colorido. A lantana aínda está con flor.













jueves, 17 de septiembre de 2015

Románico catalán no val de Boí e Taúll e Románico de Roda de Isábena

No val de Boí hai tres exemplos  de románico impresionantes, moi  ben conservados,













Outro dos monumentos do Románico únicos é a que foi catedral de Roda de Isábena, hoxe igrexa parroquial. A cripta é aberta, cuns arcos... único no mundo.

























Natureza inmensa no Pirineo aragonés no val de Benasque



Ruta das Gorgas de Alba.Esta ruta pódese facer circular, sumando a ésta o sendeiro botánico, onde aparecen as árbores e plantas co seu nome . Moi interesante. Se levara nenos, non me perdería esta ruta. Unha das máis doadas de facer, nada difícil e moi bonita.











Outra das rutas é a que discurre polo val de Estós.  Dentro deste val hai tres posibilidades como mínimo: a do Refuxio, a máis larga e doada. A do ibón (nome como lle chaman ós lagos de montaña) de Escarpinosa, o máis fermoso. Despois pódese subir ó ibón de Batisiellis  polos penedos por un carreiro sinalado con pedriñas ou volver atrás e seguir a ruta normal.


















  Aquí arriba atopei unha das azaleas en flor, hai miles, debe ser precioso facer as rutas cando as azaleas están en flor.





Outra ruta moi coñecida é a de Forau de Aigualluts. Iniciase nos Llanos do Hospital, onde no verán pódese subir nun autobús ata máis arriba pois non deixan subir os coches.






 Pódese subir directamente ó Forau ou facela circular, indo polo refuxio da Besurta e baixar polo Forau de Aigualluts, que foi o que fixemos nós.







Esta auga desaparece por un río interior no Forau, do que non teño fotografía. Parece ser que aparece noutro val e é o nacemento do río Garona, noutro val. Impresionante.





Ruta do Ibón de Gorgúts e porto da Glera. Aínda sendo algo dura esta ruta no seu inicio, despois dáse feito ben, as vistas son espectaculares, tanto cara o val de Benasque como cara os macizos máis altos do Parque Nacional