Buscar este blog

lunes, 30 de septiembre de 2019

TANQUIÁN E O SEU PROXECTO DE ECOALDEA


A este punto chegamos para coñecer o proxecto de ecoaldea en Ferreira de Pantón, no lugar de Tanquián en plena Ribeira Sacra.





 
 

 

Esta é Emili, unha alemana que coa súa parella, dende hai máis de vinte anos ven desenvolvendo o proxecto baseado nos principios de autosuficiencia , de respecto ao medioambiente, de vida sostible,  de producción de productos ecolóxicos con baixo impacto ambiental, disminución de restos e unha horta libre de pesticidas entre outros moitos.
 
 

 

Unha extensión de 5 hectáreas nas que desenvolve unha horta na que  traballan voluntarios da rede WWOOF de toda Europa a cambio de alimento e hospedaxe aprendendo cultivo ecolóxico.

 
Consuelda

 
 




Secadeiro de fruta con enerxía solar
Despois de varias etapas polas que pasou... agora adícase a produción de marmelada ecolóxica, zumos... 
Baño seco








Esta foi unha visita moi interesante como remate a un curso de agricultura ecolóxica na que se nos ensinou, entre outras moitas cousas, cómo ter unha horta libre de pesticidas e máis natural, coa que poidamos comer alimentos sanos.






lunes, 2 de septiembre de 2019

Festival de Jardins de Ponte de Lima

Unha das citas importantes para as amantes da xardinería é acudir ao festival internacional de xardíns de Ponte de Lima. Outro festival é o de Allariz. Neste caso visitamos o de Ponte de Lima en Portugal.
Foi moi agradable de coñecer... pois está nun lugar privilexiado.  Unha das apostas máis fortes é a Rudbeckia e os Fentos arbóreos. Unha empresa de Galicia foi seleccionada para este festival: Balantium . Esta empresa crea fieitos arbóreos: diksonia, cyateas.. A súa creación   foi un iglú con forma de tartaruga cheo de fieitos arbóreos.












martes, 23 de julio de 2019

A Casa das Camelias en Brazos-Boiro. Moito máis que camelias

Estamos no verán... da gusto andar pola sombra ... Un paseo pola Casa das Camelias en Brazos en Boiro. Moito máis que camelias. A súa dona Ana Calo fai unha visita guiada ensinando tódalas rarezas de plantas que ten de varios continentes. Un gusto para os sentidos...

















domingo, 31 de marzo de 2019

Feira de plantas de colección de Padrón

Esta fin de semana tivemos a sorte de poder acudir á Feira de Plantas de colección de Padrón, moi pretiño de Santiago de Compostela, no marco da Exposición de Flor de Camelia.



Unha das firmas que alí estaba era Balantium, que están  traballando  en facer fieitos arbóreos. Outros coñecidos como Eusebio, de Viveiros Ortel que é especialista en Camelia e Magnolia . Outro exponía  variedade de Orquídea Cimbidium, que se da no noso clima.





















lunes, 29 de octubre de 2018

Outono e cabaciñas...

Aparecen outras colores nesta época que nos din que é outono.
Unha época de transición ó inverno. Os días son máis curtos.. máis vida dentro das casas.  Esta fin de semana saín pola horta e recollín catro cousas coas que fixen este adorno dando a benvida ó outono 2018!









lunes, 22 de octubre de 2018

As Pallozas do Piornedo. Construccions ancestrais


Piornedo, aldea dos Ancares, a tres horas en coche dende  Santiago de Compostela.
Esta aldea conta co conxunto de pallozas mellor conservado de toda Europa.


As pallozas son vivendas de planta circular e teito de palla de centeo nas que vivían ata os anos 60 a xente destas montañas xunto cos animais .
 





Na actualidade hai dúas pallozas que son visitables como museo onde se pode adivinar todo o que podía acontecer alí dentro. Nós visitamos unha delas e contounos a guía que, agora como non se cultivaba o centeo alí,  tiñan que traer a palla para os teitos dende Castela, e como era moi custoso... pois algún teito estaba de uralita... qué mágoa.
Pensei eu... de novo...Estes teitos deberían ser subvencionados na súa totalidade...Pois é un patrimonio material único, maravilloso... que perdura na actualidade.

A administración galega debería de actuar aquí.
 



Outras construccións son os hórreos, tamén con teito de palla de centeo. Aquí gardaban os cereais  e curaban a carne dos xamóns para todo o ano.








Destas terras cantamos cantigas que se tocan con pandeira que foron recollidas por folkloristas da nosa terra como Xabier Díaz. Unha delas é Balouta, que leva o nome doutra aldea de Ancares na que quedan dúas pallozas tamén.