Piornedo, aldea dos Ancares, a tres horas en coche dende Santiago de Compostela.
Esta aldea conta co conxunto de pallozas mellor conservado de toda Europa.
As pallozas son vivendas de planta circular e teito de palla de centeo nas que vivían ata os anos 60 a xente destas montañas xunto cos animais .
Na actualidade hai dúas pallozas que son visitables como museo onde se pode adivinar todo o que podía acontecer alí dentro. Nós visitamos unha delas e contounos a guía que, agora como non se cultivaba o centeo alí, tiñan que traer a palla para os teitos dende Castela, e como era moi custoso... pois algún teito estaba de uralita... qué mágoa.
Pensei eu... de novo...Estes teitos deberían ser subvencionados na súa totalidade...Pois é un patrimonio material único, maravilloso... que perdura na actualidade.
A administración galega debería de actuar aquí.
Outras construccións son os hórreos, tamén con teito de palla de centeo. Aquí gardaban os cereais e curaban a carne dos xamóns para todo o ano.
Destas terras cantamos cantigas que se tocan con pandeira que foron recollidas por folkloristas da nosa terra como Xabier Díaz. Unha delas é Balouta, que leva o nome doutra aldea de Ancares na que quedan dúas pallozas tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario