A este punto chegamos para coñecer o proxecto de ecoaldea en Ferreira de Pantón, no lugar de Tanquián en plena Ribeira Sacra.
Esta é Emili, unha alemana que coa súa parella, dende hai máis de vinte anos ven desenvolvendo o proxecto baseado nos principios de autosuficiencia , de respecto ao medioambiente, de vida sostible, de producción de productos ecolóxicos con baixo impacto ambiental, disminución de restos e unha horta libre de pesticidas entre outros moitos.
Unha extensión de 5 hectáreas nas que desenvolve unha horta na que traballan voluntarios da rede WWOOF de toda Europa a cambio de alimento e hospedaxe aprendendo cultivo ecolóxico.
|
Consuelda |
|
Secadeiro de fruta con enerxía solar |
Despois de varias etapas polas que pasou... agora adícase a produción de marmelada ecolóxica, zumos...
|
Baño seco |
Esta foi unha visita moi interesante como remate a un curso de agricultura ecolóxica na que se nos ensinou, entre outras moitas cousas, cómo ter unha horta libre de pesticidas e máis natural, coa que poidamos comer alimentos sanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario