Nestes días de primavera cando apreta a calor un paseo pola beira do río é unha boa opción. As distintas colores dos verdes dos carballos e das outras árbores son un espectáculo. Hai zonas onde os fieitos son ben fermosos. Aquí vos deixo unhas imaxes da ruta que se pode facer dende a capela de Santa Lucía abeirando o río Santa Lucía e o río Aríns, que son o mesmo... pero chamámoslle así según por onde pasa.
Os campos están cheos da planta aguja reptans que agora está enflor e dáse silvestre por aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario