Así comeza o mes de abril, con algún día de sol e outros nublados e con choiva... Aquí vos deixo unha mostra das flores que hai estes días: as camelias , a flor da ameixeira , as prímulas, os narcisos e a peonía. Unha alegría para os sentidos que a peonía botara flor.... pois aínda non lle temos o truco collido a esta fermosa planta.
Dende que me secou unha magnolia cristata que tiña neste espazo estou experimentando con outras plantas e coloquei desta vez unha árbore para substituíla que é un cornus. Darredor vou colocando distintas plantas como azaleas, eucheras, hostas que están por brotar e agora ultimamente heléboros que eu mesma sementei..... A ver que sae daquí. O que quero é que me dea o mínimo mantemento, que as plantas medren sen eu ter que quitar as herbas malas...
Peonía |
Bo domingo a todas...!
No hay comentarios:
Publicar un comentario