En Portugal, no concello de Mealhada, atópase o bosque de Buçaco. Os curas no século XVII plantaron árboles de todo tipo, moitos traídos das colonias portuguesas, e hoxe pódese visitar pois hai moitos carreiros para recorrer este bosque. A mín o que máis me impresionou foi o val dos Fetos, como eles lle chaman. Un val cheo de Fieitos arbóreos de considerable tamaño, algo único na Península. Debaixo das árbores enormes hai todo un bosque de camelias, fieitos, azaleas e rododendros.
Ademáis da paraxe natural tamén se pode contemplar o que foi o hotel máis fastuoso e aínda funciona como hotel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario