As Hostas xa casi están para dividir.... quero facer varias plantas, encántanme, e tamén ós caracois.
Unha veciña amiga miña deume a primeira planta, que eu aínda non coñecía, pero agora xa a teño controlada e penso buscarlle moita utilidade... gústalle a sombra, en inverno queda sen folla. A súa importancia é a folla, non a flor, hai moitas variedades e é moi bonita. Nos xardíns daquí, case que non a hai, só nun a vin, pero vexo que é moi popular noutros do norte... vale a pena.
Esta é unha combinación de narcisos e muscaris...
Os kiwis aínda están no emparrado...agora é cando máis saborosos están...
Este ano quixemos facer unha plantación de rosales, están nun sitio soleado, a ver o que sale daquí. Fomos conseguindo de veciños e amigos que nolos deron. Eso de intercambiar plantas está fenomenal. Ademáis se che morre algunha planta pois tes a posibilidade de pedirlla .
Esta é unha peonía, outra das plantas que eu coñecín hai pouco tempo, sen embargo son espectaculares cando botan flor. Teño visto moitas no norte de Portugal, sen embargo por aquí polos xardíns non é moi popular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario