Unha das firmas que alí estaba era Balantium, que están traballando en facer fieitos arbóreos. Outros coñecidos como Eusebio, de Viveiros Ortel que é especialista en Camelia e Magnolia . Outro exponía variedade de Orquídea Cimbidium, que se da no noso clima.
Dar a coñecer a diversidade e riqueza en temas de xardinería que ofrece a nosa zona atlántica, concretamente Galicia
Buscar este blog
domingo, 31 de marzo de 2019
Feira de plantas de colección de Padrón
Esta fin de semana tivemos a sorte de poder acudir á Feira de Plantas de colección de Padrón, moi pretiño de Santiago de Compostela, no marco da Exposición de Flor de Camelia.
lunes, 29 de octubre de 2018
Outono e cabaciñas...
Aparecen outras colores nesta época que nos din que é outono.
Unha época de transición ó inverno. Os días son máis curtos.. máis vida dentro das casas. Esta fin de semana saín pola horta e recollín catro cousas coas que fixen este adorno dando a benvida ó outono 2018!
lunes, 22 de octubre de 2018
As Pallozas do Piornedo. Construccions ancestrais
Piornedo, aldea dos Ancares, a tres horas en coche dende Santiago de Compostela.
Esta aldea conta co conxunto de pallozas mellor conservado de toda Europa.
As pallozas son vivendas de planta circular e teito de palla de centeo nas que vivían ata os anos 60 a xente destas montañas xunto cos animais .
Na actualidade hai dúas pallozas que son visitables como museo onde se pode adivinar todo o que podía acontecer alí dentro. Nós visitamos unha delas e contounos a guía que, agora como non se cultivaba o centeo alí, tiñan que traer a palla para os teitos dende Castela, e como era moi custoso... pois algún teito estaba de uralita... qué mágoa.
Pensei eu... de novo...Estes teitos deberían ser subvencionados na súa totalidade...Pois é un patrimonio material único, maravilloso... que perdura na actualidade.
A administración galega debería de actuar aquí.
Outras construccións son os hórreos, tamén con teito de palla de centeo. Aquí gardaban os cereais e curaban a carne dos xamóns para todo o ano.
Destas terras cantamos cantigas que se tocan con pandeira que foron recollidas por folkloristas da nosa terra como Xabier Díaz. Unha delas é Balouta, que leva o nome doutra aldea de Ancares na que quedan dúas pallozas tamén.
miércoles, 3 de octubre de 2018
Parque Sigurtá en Italia
Durante estes días tiven a sorte de visitar o Parque Sigurtá no norte da Italia, pola zona do Lago de Garda.
Ademáis de ser un gran parque para pasear e disfrutar das distintas árbores, ten unha boa colección de nenúfares e dalias. Deixovos aquí algunhas imaxes.
Descubrín tamén un tipo de hibisco, o Hibisco Palustris, do que trouxen un exemplar a ver se se dá por estas terras galegas.
jueves, 30 de agosto de 2018
Xa están chegando as cores do outono
Qué bonitas están as hydrangeas paniculatas, e acompañadas dos hibiscos siriacus, que son os que se dan en Galicia.
É agora cando se distinguen perfectamente as variedades de paniculatas, pois as vainille fraise ofrecen as cores propias do outono, e as lime light siguen sendo blancas.
martes, 7 de agosto de 2018
Sol e Hydrangeas paniculatas
No mes de xullo as hydrangeas paniculatas están esplendorosas. Eu teño que confesarvos que estou namorada destas plantas. A primeira que tiven no meu poder conseguina na tenda do Botánico de Gijón, pois daquela en Galicia non se conseguían. Agora xa se ven polos viveiros. Hai varias: paniculata lime light, Vainille Fraise e outra .
O que teñen de bo este tipo de hortensias é que poden estar a pleno sol.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















































