Dar a coñecer a diversidade e riqueza en temas de xardinería que ofrece a nosa zona atlántica, concretamente Galicia
Buscar este blog
sábado, 20 de agosto de 2016
jueves, 21 de julio de 2016
Tempo de hortensias
Estanse poñendo bonitas as hidrangeas paniculatas. Esta variedade de hortensia aguanta o pleno sol de Galicia . Chámanse así pola forma da súa flor en forma de panícula. Conseguín tres variedades: lime light, que ó primeiro ten color de lima e despois vira branca; vainille fraise, que sae branca e despois ten unha cor rosada moi bonita; e Silver Dollar, ésta aínda non sei a súa evolución.
![]() |
| Hydrangea paniculata vainille fraise |
![]() |
| Hydrangea paniculata lime light |
Outra variedade de hydrangeas son as quercifolias, a súa folla é como a do carballo, dahí o seu nome. Esta variedade ten o seu hábitat natural no sur de NorteAmérica.
miércoles, 13 de julio de 2016
Parque natural de Corrubedo
Sempre que podo escapo a Corrubedo. Este ano que choveu moito no mes de xuño a vexetación está atrasada, polo que aínda se poden atopar moitas flores polo entorno do parque natural.
viernes, 24 de junio de 2016
Damoslle a benvida ó vrao
A vexetación silvestre no mes de San Xoán é moi rica e variada aquí en Galicia. Os estalotes e as xoaxas mesturanse coas flores distintas amarelas... facendo un xardín natural.
Na horta é tempo de hortensias, de rosales, canas índicas, hemerocallis, lupinos, hostas...
![]() |
| hidrangea paniculata vainille fraise |
![]() |
| Hidragea quercifolia |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

































































