Buscar este blog

jueves, 21 de julio de 2016

Tempo de hortensias

Estanse poñendo bonitas as hidrangeas paniculatas.  Esta variedade de hortensia aguanta o pleno sol de Galicia . Chámanse así pola forma da súa flor en forma de panícula. Conseguín tres variedades: lime light, que ó primeiro ten color de lima e despois vira branca; vainille fraise, que sae branca e despois ten unha cor rosada moi bonita; e Silver Dollar, ésta aínda non sei a súa evolución.


Hydrangea paniculata vainille fraise


Hydrangea paniculata lime light











Outra variedade de hydrangeas son as quercifolias, a súa folla é como a do carballo, dahí o seu nome. Esta variedade ten o seu hábitat natural no sur de NorteAmérica.




No hay comentarios:

Publicar un comentario