Buscar este blog

sábado, 12 de diciembre de 2015

Inverno en Galicia.

Estamos no inverno e nos días máis pequenos do ano. Neste mes de Nadal onde son frecuentes as xeadas, no xardín temos a sorte de contar coas flores da camelia. 





Agardo a que a nandina doméstica me bote as boliñas vermellas algún ano destes. De momento só bota as sementes pero non chega a ter esas boliñas que nesta época son preciosas.

Nandina

 Outra  das enredadeiras que xa está en flor este ano é a handerbergia, este ano fíxose madrugadora.













miércoles, 2 de diciembre de 2015

Chegou o inverno e chegaron as flores da camelia

Chegou o inverno, as temperaturas frías durante a noite e chegaron as flores da camelia. As hostas xa están poñendose amarelas para logo desaparecer durante o inverno. A camelia sangre de toro está chea de flores. Aparecen froitas de inverno,   laranxas e os caquis. Entre todo o colorido hai que destacar a hydrangea quercifolia e os acibos.

Entre as camelias hai un grupo que son camelias sasanquas que teñen olor... ou sexa, que o teñen todo, flor no inverno e olor... unha maravilla.





























domingo, 29 de noviembre de 2015

Pazos de Galicia

Pazo de Liñares en Lalín. Este pazo estivo ligado a familia Taboada. Un dos seus propietarios xogou a súa propiedade nunha partida de poker...foi parar a outras mans, despois caeu en abandono e agora é propiedade do Concello de Lalín e catalogado como B.I.C. Serve como centro social, ademáis vai ser a sede dos arqueólogos galegos.






















Comedeiro dos cabalos


Entrada principal cun cedro 

lunes, 2 de noviembre de 2015

Mostra de Calabazas no Xardín Botánico de Gijón

O xardín Botánico Atlántico de Gijón celebrou como tódolos anos a mostra e concurso de calabazas. Dende o 24 de outubro ata o 2 de novembro hai unha serie de actividades neste xardín, como é o concurso de calabazas, a exposición das calabazas xigantes, maguestu e actividades para pequenos e maiores.


Este ano tiven a sorte de poder achegarme ata Gijón ao xardín botánico. Deixovos aquí unhas fotos do que vin alí. Mereceu a pena.