Chegou o inverno, as temperaturas frías durante a noite e chegaron as flores da camelia. As hostas xa están poñendose amarelas para logo desaparecer durante o inverno. A camelia sangre de toro está chea de flores. Aparecen froitas de inverno, laranxas e os caquis. Entre todo o colorido hai que destacar a hydrangea quercifolia e os acibos.
Entre as camelias hai un grupo que son camelias sasanquas que teñen olor... ou sexa, que o teñen todo, flor no inverno e olor... unha maravilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario