Buscar este blog

domingo, 9 de octubre de 2016

Tempo de outono con sol é unha preciosidade.

Unha nova estación da comezo, o outono, por aquí segue con días de sol, !que maravilla! Aparecen as primeiras camelias e as primeiras cabazas.







Hydrangea vaninille fraise na súa cor outonal




Zinias e lantanas están en flor

Lantana e sedun coa súa cor típica de outono




Camelia sasanqua


As primeiras castañas



jueves, 21 de julio de 2016

Tempo de hortensias

Estanse poñendo bonitas as hidrangeas paniculatas.  Esta variedade de hortensia aguanta o pleno sol de Galicia . Chámanse así pola forma da súa flor en forma de panícula. Conseguín tres variedades: lime light, que ó primeiro ten color de lima e despois vira branca; vainille fraise, que sae branca e despois ten unha cor rosada moi bonita; e Silver Dollar, ésta aínda non sei a súa evolución.


Hydrangea paniculata vainille fraise


Hydrangea paniculata lime light











Outra variedade de hydrangeas son as quercifolias, a súa folla é como a do carballo, dahí o seu nome. Esta variedade ten o seu hábitat natural no sur de NorteAmérica.




miércoles, 13 de julio de 2016

Parque natural de Corrubedo

Sempre que podo escapo a Corrubedo. Este ano que choveu moito no mes de xuño a vexetación está atrasada, polo que aínda se poden atopar moitas flores polo entorno do parque natural.