Buscar este blog

lunes, 14 de diciembre de 2015

Exposición de flor de camelia en Boiro

Chegou a primeira exposición deste ano, foi na localidade coruñesa de Boiro. Dentro do programa deste ano figuraba unha visita guiada á Casa das Camelias de  Brazos 17 en Boiro. Ana Isabel Calo ten  nesta  leira unha colección de camelias e outras moitas plantas nun espazo envidiable. 















































As dúas últimas fotos son da leira Casa das Camelias de Boiro.

sábado, 12 de diciembre de 2015

Inverno en Galicia.

Estamos no inverno e nos días máis pequenos do ano. Neste mes de Nadal onde son frecuentes as xeadas, no xardín temos a sorte de contar coas flores da camelia. 





Agardo a que a nandina doméstica me bote as boliñas vermellas algún ano destes. De momento só bota as sementes pero non chega a ter esas boliñas que nesta época son preciosas.

Nandina

 Outra  das enredadeiras que xa está en flor este ano é a handerbergia, este ano fíxose madrugadora.













miércoles, 2 de diciembre de 2015

Chegou o inverno e chegaron as flores da camelia

Chegou o inverno, as temperaturas frías durante a noite e chegaron as flores da camelia. As hostas xa están poñendose amarelas para logo desaparecer durante o inverno. A camelia sangre de toro está chea de flores. Aparecen froitas de inverno,   laranxas e os caquis. Entre todo o colorido hai que destacar a hydrangea quercifolia e os acibos.

Entre as camelias hai un grupo que son camelias sasanquas que teñen olor... ou sexa, que o teñen todo, flor no inverno e olor... unha maravilla.