A camelia chegou de oriente a Galicia e ten aquí un hábitat perfecto para a súa floración. Durante o inverno, dende novembro ata abril sucédense exposicións desta flor por distintas vilas galegas. A sociedade da camelia promociona este arbusto coas exposicións da Camelia. Unha das máis importantes é a exposición internacional de Vilagarcía. Aquí vos traio unha pequena mostra desta exposición, unha das máis importantes , unha das que máis exemplares de flores recolle.
Dar a coñecer a diversidade e riqueza en temas de xardinería que ofrece a nosa zona atlántica, concretamente Galicia
Buscar este blog
domingo, 15 de marzo de 2015
viernes, 13 de marzo de 2015
Narcisos silvestres
martes, 10 de marzo de 2015
Un día de primavera no mes de marzo
Estes días aquí en Galicia están sendo preciosos, con moito sol e temperaturas moi agradables, xa se pode disfrutar do xardín. As camelias están preciosas... siguen con flor, este sol case que é excesivo, xa que ás camelias gústalle moito a semisombra.
![]() |
| Iris |
![]() |
| Crocus |
![]() |
| Acanto |
A flor do acanto recorda ás formas dos capiteis romanos de estilo corintio.
domingo, 1 de marzo de 2015
Heléboros
Un día un veciño amigo da familia comparteu comigo unha planta que nese momento estaba sen flor, e eu trouxena para a casa e planteina, sen saber que era un heléboro. Afirmo que nunca tiña plantado ningúnha. Agora comprobeino uns meses despois...
O nome Heleboro provén de dous términos: unha grego: hellín, "para matar" e "Bora" alimento, que fai referencia á súa toxicidade. Polo tanto é unha planta tóxica.Na edade media usábanse na punta das lanzas para matar a xente, polo que se pode un dar conta do tóxicas que son.
As flores inclínanse para defenderse da auga e das inclemencias do tempo.
Aquí en Galicia aparece silvestre o Heleborus fétido
A planta ten entre 50 e 70 cm de alto, a súa follaxe é verde oscura, As flores son verde cilíndrico, pálido, se se manipula deixa un olor desagradable nas mans. Teñoa visto debaixo das árbores, en sitios sombríos...
Según puden informarme acompáñase moi ben con prímulas e con convallaria.
Exposición de Camelias "La bella Otero" en Valga (Pontevedra)
Hoxe tivemos o placer de visitar a fermosa exposición de Camelias en Valga, aquí deixo unhas fotografías das variedades de Camelia que alí estaban expostas.
"La bella Otero" foi unha famosa bailarina que naceu por as terras de Valga, e debutou en famosos teatros, incluso en Nova York. Unha das camelias leva o seu nome. Todas elas son flores de cultivadores da zona. É unha preciosidade e unha riqueza as variedades de Camelia que hai hoxe en día en Galicia.

| Black magic |
![]() |
| Camelia con olor |
sábado, 21 de febrero de 2015
Impaciente porque chegue a primavera
Estas imaxes son de hoxe á mañá.... estou impaciente porque chegue o bo tempo e poder disfrutar da horta e do xardín. Aquí en Galicia, que temos moitos días grises e con chuvia, un día que ven de sol disfrutámolo moitísimo.
As Hostas xa casi están para dividir.... quero facer varias plantas, encántanme, e tamén ós caracois.
Unha veciña amiga miña deume a primeira planta, que eu aínda non coñecía, pero agora xa a teño controlada e penso buscarlle moita utilidade... gústalle a sombra, en inverno queda sen folla. A súa importancia é a folla, non a flor, hai moitas variedades e é moi bonita. Nos xardíns daquí, case que non a hai, só nun a vin, pero vexo que é moi popular noutros do norte... vale a pena.

Esta é unha combinación de narcisos e muscaris...
Os kiwis aínda están no emparrado...agora é cando máis saborosos están...
Este ano quixemos facer unha plantación de rosales, están nun sitio soleado, a ver o que sale daquí. Fomos conseguindo de veciños e amigos que nolos deron. Eso de intercambiar plantas está fenomenal. Ademáis se che morre algunha planta pois tes a posibilidade de pedirlla .
Esta é unha peonía, outra das plantas que eu coñecín hai pouco tempo, sen embargo son espectaculares cando botan flor. Teño visto moitas no norte de Portugal, sen embargo por aquí polos xardíns non é moi popular.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)