Estanse poñendo bonitas as hidrangeas paniculatas. Esta variedade de hortensia aguanta o pleno sol de Galicia . Chámanse así pola forma da súa flor en forma de panícula. Conseguín tres variedades: lime light, que ó primeiro ten color de lima e despois vira branca; vainille fraise, que sae branca e despois ten unha cor rosada moi bonita; e Silver Dollar, ésta aínda non sei a súa evolución.
Hydrangea paniculata vainille fraise |
Hydrangea paniculata lime light |
Outra variedade de hydrangeas son as quercifolias, a súa folla é como a do carballo, dahí o seu nome. Esta variedade ten o seu hábitat natural no sur de NorteAmérica.