Este ano está sendo anormal en Galicia, con moito sol e moita seca. Para a natureza non é bo porque falta auga na época en que debería chover. Sen embargo para a xente é estupendo. Días soleados que nos deixan observar as cores do outono.
Dar a coñecer a diversidade e riqueza en temas de xardinería que ofrece a nosa zona atlántica, concretamente Galicia
Buscar este blog
jueves, 26 de octubre de 2017
miércoles, 30 de agosto de 2017
No outono a horta mantén ó seu dono
Está chegando o outono e como din en Galicia no outono a horta mantén ao seu dono. Achégovos as imaxes de froitos que están chegando como os péxegos e as noces... así como de flores que nos acompañarán durante esta nova etapa que é maravillosa.
martes, 8 de agosto de 2017
Hortensias
Durante este mes podemos disfrutar das hortensias. As hydrangeas paniculatas, que poden estar ao sol. Estas imaxes son de hydrangea paniculata lime light e vainille fraise. Bo verán para todas...!
miércoles, 31 de mayo de 2017
Lupinos
Antigamente había unha planta que aparecía nas leiras que lle chamabamos chícharo do raposo, algo semellante aos lupinos ou altramuces... Esta planta empeza a ser coñecida nos xardíns por aquí, xa a vin na zona vella de Compostela nos xardíns. Esta imaxe é na miña horta, onde se da ben se está a media sombra...
jueves, 25 de mayo de 2017
Dracúnculos vulgaris
Estes días tiven una sorpresa especial, esta planta que se chama dracúnculos vulgaris (flor de Drácula) botou flor, o día que florea ten un olor nauseabundo, cheira a carne podre... menos mal que este olor dura só un día.
Esta planta ten o seu hábitat natural nos Balcans e está estendida por Grecia tamén. E toda venenosa, incluso a tocala pode producir reaccións como picor...
martes, 23 de mayo de 2017
Peonías
As flores da peonía son das máis bonitas que hai. Proceden de Europa, Asia e Norteamérica. Na China son o emblema nacional. Son moi lindas... só que duran demasiado pouco. Poden ser herbáceas e leñosas. Botan agora a flor e no inverno desaparécelle a parte aérea.
Gústalle estar nun lugar que teña unhas horas sol . En canto á terra, gústalle que non sexa ácida, polo que aquí é mellor poñerlle un complemento.
viernes, 19 de mayo de 2017
Sigue a primavera....
A primavera sigue... Viñeron as chuvias e as plantas notárono... As hostas están máis frondosas.
Están en flor os pendientes da reina, unha planta delicada pois a cada pouco vai secando unha... hai que estar repoñendo e facendo novas para non quedar sen elas.
![]() |
| Hostas |
![]() |
| Lupinos |
![]() |
| Pendientes da reina |
![]() |
| Hosta |
![]() |
| Peonía |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









































