Dar a coñecer a diversidade e riqueza en temas de xardinería que ofrece a nosa zona atlántica, concretamente Galicia
Buscar este blog
domingo, 1 de mayo de 2016
domingo, 24 de abril de 2016
Unha visita á feira de plantas de colección en Iturrarán
Tradicionamente dende hai 14 anos vense desenvolvendo a Feira de Plantas de Colección de Iturrarán o último fin de semana de abril. Desenvólvese no xardín botánico de Iturrarán. Ademáis de asistir á feira tamén é unha boa ocasión para visitar este botánico.
![]() |
| Cercis en flor |
No recinto hai unha boa colección de peonías, algunhas con flor... outras aínda están por saír.
![]() |
| Rododendro |
![]() |
| Knofia |
Entre os representantes de Galicia están os Moreira e Eusebio de Camelias del Atlántico coa súa colección de camelias .
![]() |
| Para o descanso e repoñer forzas hai uns postos moi ben montados. Un deles facendo a comida típica vasca: un talo de millo recheo de chistorra e touciño.. |
![]() |
| Colección de prímulas |
![]() |
| Peonías |
![]() |
| Crasas e suculentas |
![]() |
| Fieitos arbóreos |
![]() |
| Colección de hostas |
![]() |
| Colección de proteas, telopeas, kalmias... |
![]() |
| Os coches deixanse en dous puntos amplios, un deles no porto de Orio e suben á xente nos autobuses... Moi ben organizado. Tamén hai consigna de plantas. |
martes, 19 de abril de 2016
PRIMAVERA CHUVIOSA....SIGUEN AS CAMELIAS
Esta primavera está sendo moi chuviosa...non da levantado o tempo. Estamos desexando que nos quente o sol. Unha das ventaxas que ten este tempo é que as camelias aínda están en flor.
domingo, 10 de abril de 2016
A Peonía está en flor
Unha das flores que estiven agardando estes meses foi a da peonía... Esta é arbustiba e necesita suelo non tan ácido como o noso. Polo que é preciso engadirlle cal para que bote flores..... Esta flor é moi apreciada pola súa delicadeza...
Visita ao Pazo de Faramello
O Pazo de Faramello, de fábrica de papel a Ruta da Camelia.
Hoxe aproveitamos para visitar o Pazo de Faramello que conta cun espazo natural e unha magnífica edificación. A construción é un Pazo do século XVIII que foi no seu día a primeira fábrica de papel en Galicia, construído polo Marqués de Piombino que chegou a terras de Compostela polo amor por unha moza galega.
Entre as singularidades deste Pazo está o bosque de Pedra, dende o que hai unha magnífica vista ós xardíns.
Hoxe en día este Pazo ofrece visita guiada polo seu herdeiro Gonzalo Rivero de Aguilar, descendente directo da familia, e forma parte da Ruta da Camelia. Pódense observar algúns exemplares de camelia, de árbores maxestuosos como a carballeira da entrada ó Pazo, acebo centenario, freixo de alto porte entre outros.
![]() |
| Aguja reptans na beira do río. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















































