Buscar este blog

domingo, 27 de marzo de 2016

Paseo polo Pazo de A Saleta

Hoxe aproveitamos para visitar o Pazo A Saleta, un auténtico xardín botánico. A súa guía Silvia un encanto. Foi un placer descubrir este xardín. Aínda que está na Ruta da Camelia este xardín ten moito máis ca camelias, unha colección botánica de tódolos continentes e para todas as épocas do ano. A visita que dura unhas dúas horas é moi recomendable.





A historia deste pazo e deste xardín remóntase aos anos sesenta cando unha parella de británicos, o matrimonio Gibson compran esta propiedade que era un pazo de labranza cheo de viñas e comezan a traer especies de plantas de tódolos continentes, e así poder desenvolver a pasión pola xardinería.

Coa morte de R. Gibson e a imposibilidade de que Margaret puidese coidar tal extensión de xardín, ésta dividiu a propiedade en catro partes para vendelas. Unha destas partes chegou a mans das actuais propietarias Blanca Coladas e a súa filla Silvia Rodríguez que abriron este espazo ó publico e foron enriquecendo este xardín.

Estas son algunhas das floracións que nos encontramos nunha mañá do mes de marzo. As imaxes son de baixa calidade, a fermosura do xardín mellora todo o aquí amosado.



Aloe de Sudáfrica

Rododendro con floración amarela

Camelia nitidísima









sábado, 12 de marzo de 2016

Un día soleado que anuncia a primavera

!Que maravilla cando ven un día con sol! 
Despois do frío que pasamos esta temporada... un día coma éste  alegra a vida.  Qué hai con flor agora: as camelias reticulatas están  en plena floración e os narcisos e os crocus tamén.
Agora sí que se pode dicir que algo está cambiando... xa pronto virá a primavera. Os días son máis grandes e a a natureza empeza a despertar...




























 Aquí teño a peonía que  este ano me vai botar unha flor... !Qué ben! Parece que lle gusta o chan alcalino, polo que hai que botarlle cal, pois aquí son ácidos.

lunes, 29 de febrero de 2016

Exposición de flor de camelia en Vedra e visita ó pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Aquí vos deixo unha pequena mostra do que se puido ver en Vedra esta fin de semana, exposición de flor de camelia e productos a base de camelia como é o aceite de camelia e xabón de camelia. Tamén dentro do programa houbo unha visita guiada ó Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.














xabón de camelia
Aceite de Camelia de Galicia


Diksonia antártica no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

domingo, 14 de febrero de 2016

Visita a Espazo Caritel na mariña luguesa

Esta fin de semana tiven a sorte de visitar un xardín moi recomendable Espazo Caritel, situado na mariña luguesa ó pé da basílica románica San Martin de Mondoñedo. Neste  espazo pódese desfrutar dunha colección de camelias así como de plantas de extraordinario valor que os donos foron conseguindo ó longo dos anos.