Dar a coñecer a diversidade e riqueza en temas de xardinería que ofrece a nosa zona atlántica, concretamente Galicia
Buscar este blog
domingo, 31 de mayo de 2015
martes, 21 de abril de 2015
Visita ó Keukenhof
Este ano tiven a gran sorte de visitar o parque floral máis importante de Europa: o Keukenhof
Neste recinto ás aforas de Amsterdam, próximo a Lisse.
A primeira foto son os campos de tulipáns que hai no arredor.
Dentro do parque hai unha zona onde se pode comprar colección de tulipáns... uns señores moi amables que che toman os datos, ti elixes no catálogo e envían a todo o mundo... !qué ben!
domingo, 12 de abril de 2015
Sigue o bo tempo en Galicia e estamos na primavera...
Estes días está bo tempo e hai numerosas floracións no xardín....
Por aquí andan algunhas... azaleas , iris,iberis , ceanotus...
Por aquí andan algunhas... azaleas , iris,iberis , ceanotus...
domingo, 5 de abril de 2015
Paseando polo xardín emblemático de Compostela.... A Alameda
A primavera xa está aquí....o xardín da Alameda de Compostela ten moito que ver... Un dos currunchos máis bonitos da alameda, cunhas fieitas enormes.... ¿cántos anos terán estes exemplares? Tamén me gustaría a min ter un destes no xardín.... aínda que fora un pouco máis pequeno.... Confórmome con mirar para estes dous exemplares que son ben bonitos.
![]() |
Tulipans, jacintos, boca de dragón, cyclamen, e tamén lupinos que botarán flor máis adiante.
![]() |
![]() |
A estatua de Rosalía de Castro está ben rodeada de tulipáns fermosos. |
martes, 31 de marzo de 2015
Sigue a floración das camelias no xardín.
Continúan as camelias coa flor, e van empezar as azaleas....
Esta é Camelia reticulata Cliford Parks. As camelias teñen que estar en semisombra. Esta está debaixo dun magnolio que a protexe dos raios fortes do sol, que aquí en Galicia tampouco quentan moito... pero ás Camelias gústalle estar ó abrigo doutras árbores.
As azaleas xa están empezando...
As árbores como esta claudieira están en plena floración, moi fermosas.
Estou agardando a que esta peonía bote flor, este ano tampouco vai ser.... non vexo ningún capullo. Por aquí non son comúns ata agora as peonías....Esta foi unha planta que descubrín hai pouco, pero é bastante caprichosa. De momento puxen algún exemplar , pero estou intentando localizar cal é o sitio que máis lle gusta, porque non teño moi claro se queren moito sol ou semisombra. Na zona norte de Portugal teño visto bastantes....son habituais nos xardíns , claro que hai máis sol que aquí na zona de Santiago....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























.jpg)









.jpg)
.jpg)







.jpg)






