Buscar este blog

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Cores do outono

Comezamos nova estación, días máis  curtos, menos sol e máis chuvia. Chega o outono.



O sedun está cunha cor vermella preciosa.






Cómo lle gustan ós paxaros os figos.... Non son quen de comer un só.


As laranxas  están medrando. Parece que vai haber moitas este ano


O máis sorprendente é que en setembro xa están os froitos do acibro.


Evolución do estanque







O estanque sigue evolucionando: a diversidade de plantas sigue medrando e adaptándose ó medio: nenúfares, papyro, alocasias, fieitos,jacintos de auga.....





Esta alocasia rubra sigue medrando, e xa botou novos filliños.







Cabazas


Así foi a evolución das cabaciñas, dende o mes de maio que as sementei, agora que estamos en setembro, están aquí os froitos. Con elas comezamos unha nova etapa, o verán chega ó seu fin  e comezamos o outono.


















lunes, 30 de junio de 2014

Agapantos





Así comecei cos agapantos:

Tiña unha zona que me era moi difícil de recortarlle a herba... porque estaba en pendente, así que pensei nos agapantos.
Propagueinas de dous xeitos: con algunhas que comprei e que me regalaron, dividin os rizomas. Coas sementes fixen un semilleiro, que nacen moi ben, e fixen toda a plantación. Este ano agardo que teñan algunha flor máis.Agardo que saian azuis e blanco
O agapanto ou “flores do amor” , pois é o que significa o seu nome científico en grego. Tratase  dunha planta moi rústica cunhas flores moi decorativas no verán. Procede do sur de Africa, dahí o seu nome científico: Agapanthus africanus. Foi introducida no século XVII en Europa como planta ornamental de exterior. Na nosa zona, de clima húmedo e suave dáse moi ben.
Planta con raíces tuberosas,soporta a escaseza da auga, as follas son de color verde intenso. As flores son inoloras de cor azul ou blanco , reunidas en umbelas moi fermosas, que sobresalen por enriba das follas.