Buscar este blog

miércoles, 3 de octubre de 2018

Parque Sigurtá en Italia

Durante estes días tiven a sorte de visitar o Parque Sigurtá  no norte da  Italia, pola zona do Lago de Garda.


Ademáis de ser un gran parque para pasear e disfrutar das distintas árbores, ten unha boa colección de nenúfares e dalias. Deixovos aquí algunhas imaxes.
Descubrín tamén un tipo de hibisco, o Hibisco Palustris, do que trouxen un exemplar a ver se se dá por estas terras galegas.













 



























jueves, 30 de agosto de 2018

Xa están chegando as cores do outono

Qué bonitas están as hydrangeas paniculatas, e acompañadas dos hibiscos siriacus, que son os que se dan en Galicia.
 É agora cando se distinguen perfectamente as variedades de  paniculatas, pois as vainille fraise ofrecen as cores propias do outono, e as lime light siguen sendo blancas.













martes, 7 de agosto de 2018

Sol e Hydrangeas paniculatas

No mes de xullo as hydrangeas paniculatas están esplendorosas. Eu teño que confesarvos que estou namorada destas plantas. A primeira que tiven no meu poder conseguina na tenda do Botánico de Gijón, pois daquela en Galicia non se conseguían. Agora xa se ven polos viveiros. Hai varias: paniculata lime light, Vainille Fraise e outra .
O que teñen de bo este tipo de hortensias é que poden estar a pleno sol.













martes, 29 de mayo de 2018

Maio que se acaba

Está rematando o mes de Maio, o mes das flores. Este ano puidemos disfrutar moito do xardín, pois  os días son grandes e viñeron moitos días con sol. Deixovos aquí unhas cuantas fotos do que está en flor nesta época. As roseiras, o clematis  e os lirios do perú ou astromelia  son as que están no seu esplendor.

Cornus


















Os digitalis aquí chámanse croques, por Galicia son de color púrpura e hainos silvestres, este blanco tróuxeno  dun viveiro de Francia... e de momento  dáse ben.

Digitalis


Astromelia








Clematis Príncipe

Clematis




 As hostas están gustosas para os caracois.... encántanlle.