Buscar este blog

lunes, 15 de enero de 2018

Mascarada ibérica Vilariño de Conso

Celebrouse en Vilariño de Conso e Viana do Bolo esta fin de semana un encontro de máscaras ibéricas. Alí estiveron unha mostra de máscaras galegas, asturianas, zamoranas, de Guadalajara, de Cantabria.
Tódalas figuras coas súas variantes, que darían para unha tese doutoral, pois gardan unha grande  diversidade,  riqueza colorística  e significado. Entroido rural que está vivo e serve de convivencia nas aldeas, nalgunhas nas que case non hai poboación, pois está emigrada, e aínda se xuntan para  vivir o Entroido.
 
 
 
Bombo do Folión de Vilariño de Conso.

Xenerais da Ulla
































 
















 





















Boteiro


Madamas de Cobres







Máscara de Chantada


Camelias en Lalín

 
Esta fin de semana celebrouse no Pazo de Liñares en Lalin a exposición de flor de Camelia. Unha boa oportunidade de coñecer esta edificación señorial así como deleitarse coa beleza das camelias que están agora en flor.
 
 
 















lunes, 18 de diciembre de 2017

Exposición de flor de camelia en Boiro

Esta fin de semana celebrouse a IX exposición da Camelia sasanqua e outras na localidade coruñesa de Boiro. Estas son algunhas imaxes tomadas da exposición.
Unha exposición con  moita variedade e moi interesante.
 
 
 
 












 
Todas estas flores son de camelias que nesta época invernal están en flor. Qué beleza!. Flor no inverno.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Mais outono

O outono é esa estación maravillosa na que hai unha diversidade de colores e de luz. Este ano con pouca chuvia a beleza do xardín é maior.

Cornus florida



Dalia real

O acebo xa nos está anunciando o Nadal... Unha árbore que da de comer a tódolos paxariños que pasan por aquí no inverno.



Acebo


Caquis, aquí non deixan de ser exóticos. Unha árbore de nadal auténtica. Os froitos quedarán na árbore desnuda.



As hostas no outono viran color amarelo antes de desaparecer por completo no inverno.

O noso can sabe ben onde tomar o raiolo....





miércoles, 15 de noviembre de 2017

OUTONO URBANO

As cores do outono están espectaculares, só hai que mirar polos parques de Santiago de Compostela...Neste caso moi perto do traballo atopei estas imaxes.  As árbores gingo biloba co seu amarelo característico desta época son unha luz no ceo.