Buscar este blog

domingo, 22 de enero de 2017

Exposición de Camelia en Padrón

Este ano en Galicia con pouca chuvia e moito frío a camelia non está no seu máximo  esplendor. Aínda así, en Padrón puideron verse unha boa representación das distintas flores de camelia da nosa terra. As fotos non están nada ben, pero son as que hai...




































viernes, 20 de enero de 2017

Tempo de Camelias

Estamos no inverno en Galicia con temperaturas incluso negativas e as camelias están en flor. Este inverno está sendo anormal, pois hai moitos días de sol e a chuvia non aparece, algo pouco común na nosa terra.










Camelia japónica imura












jueves, 29 de diciembre de 2016

Inverno no Parque Natural das Hoces do Duratón

Este inverno tiven a oportunidade de visitar  o Parque Natural das Hoces do río Duratón en Segovia. Aínda sendo inverno a natureza sempre está fermosa. Estas Hoces están nunha paisaxe moi árida, o que máis abundaba eran roseiras silvestres que agora estaban co froito.












Tomamos como base o pueblo de Sepúlveda, e dende alí disfrutamos da paisaxe das Hoces do Duratón así como de pueblos con encanto como Pedraza e Riaza. Esta zona xunto coa terra de pinares ofrece unha excursión moi interesante, paisaxes diferentes e moi interesantes e fermosos. Nesta paraxe hai a maior colonia de buitres leonados de Europa. 







miércoles, 30 de noviembre de 2016

Visita á Casa das Camelias en Boiro

Estes días fixen unha visita a este lugar.  Ana Calo  vive con pasión coleccionar todo tipo de plantas, entre elas ten un lugar destacado para as Camelias. Nesta época do ano xa están en flor as camelias sasanquas.  Para todos aquelas persoas que queirades saber algo máis das Camelias ,e de toda a diversidade que hai , a fin de semana do  11 e 12 de decembro hai unha exposición en Boiro desta flor.
 
 Unha das plantas que máis me impresionou nesta visita foi a Dalia Real. Cunha altura duns 4 metros estaba espléndida.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Máis outono, máis color

As árbores estánse desnudando para recibir o inverno e na horta hai follas por tódolos sitios.  Todas aquelas plantas que no inverno están desnudas están agora máis bonitas que nunca.
 
 
 


Ajania


caquis


Cornus


acebo