Buscar este blog

domingo, 12 de junio de 2016

Paseo pola colección de Ana Calo na Casa das Camelias en Boiro

Un día destes fun a facerlle unha visita a Ana Calo, unha coleccionista de plantas que na súa leira de Boiro en Brazos 17 ten alí o seu paraíso. Foi unha visita moi agradable. Ten unha colección de plantas e árbores de todo o mundo.
Sobresale unha colección de camelias que nesta época xa quedan poucas en flor. Un lugar moi recomendable para visitar


lupinos
  Todos os arbustos, plantas e árbores están etiquetados co nome e a orixe.










Camelia Dahlonega







domingo, 24 de abril de 2016

Unha visita á feira de plantas de colección en Iturrarán

Tradicionamente dende hai 14 anos vense desenvolvendo a Feira de Plantas de Colección de Iturrarán o último fin de semana de abril. Desenvólvese no xardín botánico de Iturrarán. Ademáis de asistir á feira tamén é unha boa ocasión para visitar este botánico.




Cercis en flor


No recinto hai unha boa colección de peonías, algunhas con flor... outras aínda están por saír.






Rododendro


Knofia


Entre os representantes de Galicia están os Moreira e Eusebio de Camelias del Atlántico coa súa colección de camelias .





Para o descanso e repoñer forzas hai uns postos moi ben montados. Un deles facendo a comida típica vasca: un talo de millo recheo de chistorra e touciño..

Colección de prímulas

Peonías

Crasas e suculentas

Fieitos arbóreos

Colección de hostas

Colección de proteas, telopeas, kalmias...

Os coches deixanse en dous puntos amplios, un deles no porto de Orio e  suben á xente nos autobuses... Moi ben organizado. Tamén hai consigna de plantas.

martes, 19 de abril de 2016

PRIMAVERA CHUVIOSA....SIGUEN AS CAMELIAS

Esta primavera está sendo moi chuviosa...non da levantado o tempo. Estamos desexando que nos quente o sol. Unha das ventaxas que ten este tempo é que as camelias aínda están en flor.








domingo, 10 de abril de 2016

A Peonía está en flor

Unha das flores que estiven agardando estes meses foi a da  peonía... Esta é arbustiba e necesita suelo non tan ácido como o noso. Polo que é preciso engadirlle cal para que bote flores..... Esta flor é moi apreciada pola súa delicadeza...