Ruta das Gorgas de Alba.Esta ruta pódese facer circular, sumando a ésta o sendeiro botánico, onde aparecen as árbores e plantas co seu nome . Moi interesante. Se levara nenos, non me perdería esta ruta. Unha das máis doadas de facer, nada difícil e moi bonita.
Outra das rutas é a que discurre polo val de Estós. Dentro deste val hai tres posibilidades como mínimo: a do Refuxio, a máis larga e doada. A do ibón (nome como lle chaman ós lagos de montaña) de Escarpinosa, o máis fermoso. Despois pódese subir ó ibón de Batisiellis polos penedos por un carreiro sinalado con pedriñas ou volver atrás e seguir a ruta normal.
Aquí arriba atopei unha das azaleas en flor, hai miles, debe ser precioso facer as rutas cando as azaleas están en flor.
Outra ruta moi coñecida é a de Forau de Aigualluts. Iniciase nos Llanos do Hospital, onde no verán pódese subir nun autobús ata máis arriba pois non deixan subir os coches.
Pódese subir directamente ó Forau ou facela circular, indo polo refuxio da Besurta e baixar polo Forau de Aigualluts, que foi o que fixemos nós.
Esta auga desaparece por un río interior no Forau, do que non teño fotografía. Parece ser que aparece noutro val e é o nacemento do río Garona, noutro val. Impresionante.
Ruta do Ibón de Gorgúts e porto da Glera. Aínda sendo algo dura esta ruta no seu inicio, despois dáse feito ben, as vistas son espectaculares, tanto cara o val de Benasque como cara os macizos máis altos do Parque Nacional