Buscar este blog

lunes, 16 de marzo de 2015

Margaridas campestres por toda a horta e xardín



Hoxe cando cheguei á casa do traballo e puiden saír a fóra.. quedei impresionada do bonito que estaba o campo... e pensei... que mágoa ter que cortar a herba un día destes... Tantas margaridas...qué bonito!




A ventaxa é que en poucos días volven a saír...

Na horta que temos darredor da casa hai variedade de árbores que son frutales, dos que se dan por aquí: maceiras, pereiras, ameixeiras, claudieiras, unha figueira, feixoas, unha laranxeira, nogueiras, unha cerdeira... Tamén hai algún árbol grande como o magnolio e un piñeiro que é unha araucaria . Debaixo das árbores grandes e dos frutales hai unha colección de camelias que van medrando pouco a pouco, pois encántalle a semisombra...

Tamén hai azaleas, xa están empezando a  botar a flor...

Unha camelia Cliford Park





domingo, 15 de marzo de 2015

Seguimos coas exposicións da camelia... esta vez en Vilagarcía

A camelia chegou de oriente a Galicia e ten aquí un hábitat perfecto para a súa floración. Durante o inverno, dende novembro ata abril sucédense exposicións desta flor por distintas vilas galegas. A sociedade da camelia promociona este arbusto coas exposicións da Camelia. Unha das máis importantes é a exposición internacional de Vilagarcía. Aquí vos traio unha pequena mostra  desta exposición, unha das máis importantes , unha das que máis exemplares de flores recolle.






















viernes, 13 de marzo de 2015

Narcisos silvestres

              Atopeime cunha agradable sorpresa estes días por un pinar cercano... narcisos silvestres... alí estaban, tan bonitos...
narcisos silvestres

narcisos en un pinar







martes, 10 de marzo de 2015

Un día de primavera no mes de marzo

Estes días aquí en Galicia están sendo preciosos, con moito sol e temperaturas moi agradables, xa se pode disfrutar do xardín. As camelias están preciosas... siguen con flor, este sol case que é excesivo, xa que ás camelias gústalle moito a semisombra.

Iris

Crocus







Acanto
A flor do acanto  recorda ás formas dos capiteis romanos de estilo corintio.



domingo, 1 de marzo de 2015

Heléboros

Un día un veciño amigo da familia comparteu comigo unha planta que nese momento estaba sen flor, e eu trouxena para a casa e planteina, sen saber que era un heléboro. Afirmo que nunca tiña plantado ningúnha. Agora comprobeino uns meses despois...
O nome Heleboro provén de dous términos: unha grego: hellín, "para matar" e "Bora" alimento, que fai referencia á súa toxicidade. Polo tanto é unha planta tóxica.Na edade media usábanse na punta das lanzas para matar a xente, polo que se pode un dar conta do tóxicas que son.

As flores inclínanse  para defenderse da auga e das inclemencias do tempo.

Aquí en Galicia aparece silvestre o Heleborus fétido
A planta ten entre 50 e 70 cm de alto, a súa follaxe é verde oscura, As flores son verde cilíndrico, pálido, se se manipula deixa un olor desagradable nas mans. Teñoa visto debaixo das árbores, en sitios sombríos...
Según puden informarme acompáñase moi ben con prímulas e con convallaria.

Exposición de Camelias "La bella Otero" en Valga (Pontevedra)

Hoxe tivemos o placer de visitar a fermosa exposición de Camelias en Valga, aquí deixo unhas fotografías das variedades de Camelia que alí estaban expostas.
"La bella Otero" foi unha famosa bailarina que naceu por as terras de Valga, e debutou en famosos teatros, incluso en Nova York. Unha das camelias leva o seu nome. Todas elas son flores de cultivadores da zona. É unha preciosidade e unha riqueza as variedades de Camelia que hai hoxe en día en Galicia.








Black magic





Camelia con olor