Buscar este blog

miércoles, 14 de mayo de 2014

Está con flor en abril.



Ixias

As uñas de gato xa están con flor. 
As violas siguen con flor despois de varios meses, 
ademáis seméntanse na terra e siguen nacendo máis.

Os primeiros rosais


A flor da pasiflora, ou flor da pasión, enredadeira moi sufrida.


Gazania: Planta herbácea perenne ou semiperenne 
de orixe sudafricano, de color grisáceo e flores grandes.

É unha planta cultivada como anual en climas  de invernos fríos. 
No noso clima, que é templado, aguanta perfectamente o inverno, vexeta con matas rastreras e non supera os 20 cm.

Lupino: Esta planta é silvestre no sur da Arxentina. 
Eu sementei as sementes e quedaron algúns. 
Agora van botar a flor.

A glicinia xa tivo o seu momento esplendoroso hai unha semana.

Salvia

Sedum: Unha das mellares virtudes é a súa deliciosa floración a finais de verán , que se prolonga case ata ben entrado o outono e deixa paso a unha bonita madurez, a planta toma tonos cobrizos e pouco a pouco  vai deixando as follas . Despois agroma na primavera, que é como está agora.













Ixia Viridifolia

IXIA VIRIDIFOLIA.
É  unha planta de folla acintada e perenne. Para o ano vounas colocar en grupos, a ver se locen máis. As flores péchanse cando se pon o sol e abren cando quenta. Florean agora en abril, maio. Os bulbos planteinos en outono.
Esta é unha planta orixinaria de Sudáfrica, rexión Sur e occidental de El Cabo, seique no seu hábitat está case en peligro de extinción, pero en Europa foi introducida a mediados do século XVIII, e actualmente quitan novos híbridos e cultivares.
O nome provén dunha planta antigua grega, con gran variabilidad na color da súa flor ó igual que esta planta. O apelido viridiflora significa verde con flores. Necesita pouca auga no verán , e sitio soleado.






martes, 15 de abril de 2014

Evolución do estanque

Evolución do estanque.
Está só feita a metade do estanque, pero estou impaciente coas plantas que coloquei, estou agardando a que medren e cubran o plástico.
Hai tres zonas. Unha profunda onde coloco plantas sumerxidas en maceta como o Papiro ou Cyperus Papirus. Colocarei tamén nenúfares....Tamén hai peixiños...
Outra zona non tan profunda, con plantas sumerxidas, na que coloquei lirio da auga, que seique é unha planta invasiva..., un tipo de iris, e algunhas máis.
Despois está a zona de borde, que ten humidade: xa están plantadas Iris germánica, aguja reptans, varios tipos de hortensias....


 



O estanque vai servir tamén para acumular  auga para regar o resto do arboredo que hai pola horta, para iso están colocadas dúas mangueiras.