Buscar este blog

martes, 15 de abril de 2014

Evolución do estanque

Evolución do estanque.
Está só feita a metade do estanque, pero estou impaciente coas plantas que coloquei, estou agardando a que medren e cubran o plástico.
Hai tres zonas. Unha profunda onde coloco plantas sumerxidas en maceta como o Papiro ou Cyperus Papirus. Colocarei tamén nenúfares....Tamén hai peixiños...
Outra zona non tan profunda, con plantas sumerxidas, na que coloquei lirio da auga, que seique é unha planta invasiva..., un tipo de iris, e algunhas máis.
Despois está a zona de borde, que ten humidade: xa están plantadas Iris germánica, aguja reptans, varios tipos de hortensias....


 



O estanque vai servir tamén para acumular  auga para regar o resto do arboredo que hai pola horta, para iso están colocadas dúas mangueiras.





viernes, 28 de marzo de 2014

Iris, Camelias



Iris


Os tulipáns están  a punto .


Fresias, ademáis de bonitas tamén teñen un olor estupendo.



Unha das camelias reticulatas está en plena floración

viernes, 21 de marzo de 2014

Primulas: anuncio de primavera



Primulas. Plantas silvestres pola nosa zona que anuncian o final do inverno e o comezo da primavera.

Primeiro día de primavera. A partir de agora os días serán máis largos e luminosos.




Iberis e violias.

As flores da ameixeira están no máximo explendor... ¿cántas froitas se conservarán...?






A peonía vai abrir. Este é o segundo ano que ten flor.

lunes, 10 de marzo de 2014

Flor de camelia...primavera á vista.

Ultimamente adico parte do meu tempo a "xardinear"...ou sexa, plantar aquí, recoller ali...Coidar as plantas e abonalas, velas bonitas e cheas de flores. E unha actividade que me da moita satisfacción, cando sae o sol coma estes días, descansa a miña mente e proporcioname moitos efectos beneficiosos para a saúde, tanto mental como física...
Mentras estou pola horta e coas plantas, non hai pensamentos negativos, o relax é total. Estes días con sol estou desexando chegar do traballo e terminar o labor da casa para saír para fóra e enredarme coas miñas plantas, ver cales  me van ben, qué podería colocar por aquí., que novas flores hai hoxe...


Os primeiros cartuchos deste ano .


Narcisos e camelias




Narcisos


Camelia Sangre de toro


Aliuns
Despois de dous meses e medio de inverno, estes días soleados deixan  unha paisaxe diferente: comezan os narcisos a botar flor, as camelias.....

jueves, 27 de febrero de 2014

Magnolia Cristata

Magnolia Cristata. 
Este arbusto, que aparece con flor neste mes é unha preciosidade, ademáis da beleza da súa flor ten un aroma delicioso



Jacinto.

O olor que da esta planta arrecende por toda a terraza.

Narcisos.
Os primeiros narcisos, é o símbolo que que xa está todo para cambiar, días máis grandes, vai vir a primavera... !Que delicia!




Handerbergia.
Esta enredadeira é unha das primeiras flores do ano. 


Estou agardando a que saian os tulipans

Outros narcisos.



Estou recollendo as sementes das cabaciñas para sementar no mes de maio. Xa teño varios tipos.... Ademáis este ano quero ampliar os agapantos: é unha planta moi resistente, e no verán tamén moi bonita. Así que fixen un semilleiro para conseguir máis: