jueves, 30 de agosto de 2018

Xa están chegando as cores do outono

Qué bonitas están as hydrangeas paniculatas, e acompañadas dos hibiscos siriacus, que son os que se dan en Galicia.
 É agora cando se distinguen perfectamente as variedades de  paniculatas, pois as vainille fraise ofrecen as cores propias do outono, e as lime light siguen sendo blancas.













martes, 7 de agosto de 2018

Sol e Hydrangeas paniculatas

No mes de xullo as hydrangeas paniculatas están esplendorosas. Eu teño que confesarvos que estou namorada destas plantas. A primeira que tiven no meu poder conseguina na tenda do Botánico de Gijón, pois daquela en Galicia non se conseguían. Agora xa se ven polos viveiros. Hai varias: paniculata lime light, Vainille Fraise e outra .
O que teñen de bo este tipo de hortensias é que poden estar a pleno sol.













martes, 29 de mayo de 2018

Maio que se acaba

Está rematando o mes de Maio, o mes das flores. Este ano puidemos disfrutar moito do xardín, pois  os días son grandes e viñeron moitos días con sol. Deixovos aquí unhas cuantas fotos do que está en flor nesta época. As roseiras, o clematis  e os lirios do perú ou astromelia  son as que están no seu esplendor.

Cornus


















Os digitalis aquí chámanse croques, por Galicia son de color púrpura e hainos silvestres, este blanco tróuxeno  dun viveiro de Francia... e de momento  dáse ben.

Digitalis


Astromelia








Clematis Príncipe

Clematis




 As hostas están gustosas para os caracois.... encántanlle.



martes, 8 de mayo de 2018

PRIMAVERA

Nestes días de primavera cando apreta a calor un paseo pola beira do río é unha boa opción. As distintas colores dos verdes dos carballos e das outras árbores son un espectáculo. Hai zonas onde os fieitos son ben fermosos. Aquí vos deixo unhas imaxes da ruta que se pode facer dende a capela de Santa Lucía abeirando o río Santa Lucía e o río Aríns, que son o mesmo... pero chamámoslle así según por onde pasa.





 Os campos están cheos da planta aguja reptans que agora está enflor e dáse silvestre por aquí.


 
 
 





 










domingo, 22 de abril de 2018

Ruta de sendeirismo Camiño dos Faros. Dende Laxe a Arou

O camino dos Faros é unha ruta de sendeirismo de 200 km. que une Malpica con Fisterra que vai por carreiros  pola beira do mar. As paisaxes son impresionantes: bravas, auténticas, coma toda esta costa. Foi deseñada desinteresadamente por xentes que queren promocionar a Costa da Morte.



Planta invasora






Penedos de Traba



Praia de Soesto

O museo de Man no Porto de Camelle. Un edificio grandioso que alberga a obra de Man. Quen non coñeceu a este home pouco pode coñecer neste museo. Moi pobre o contido da súa obra.






Vivenda do ermitaño Man. Unha historia que rematou co Prestige.

Algunha plantación de horta no medio de tanto abandono.

Abandono

Escultura de Man. Porto de Camelle