Buscar este blog

lunes, 29 de octubre de 2018

Outono e cabaciñas...

Aparecen outras colores nesta época que nos din que é outono.
Unha época de transición ó inverno. Os días son máis curtos.. máis vida dentro das casas.  Esta fin de semana saín pola horta e recollín catro cousas coas que fixen este adorno dando a benvida ó outono 2018!









lunes, 22 de octubre de 2018

As Pallozas do Piornedo. Construccions ancestrais


Piornedo, aldea dos Ancares, a tres horas en coche dende  Santiago de Compostela.
Esta aldea conta co conxunto de pallozas mellor conservado de toda Europa.


As pallozas son vivendas de planta circular e teito de palla de centeo nas que vivían ata os anos 60 a xente destas montañas xunto cos animais .
 





Na actualidade hai dúas pallozas que son visitables como museo onde se pode adivinar todo o que podía acontecer alí dentro. Nós visitamos unha delas e contounos a guía que, agora como non se cultivaba o centeo alí,  tiñan que traer a palla para os teitos dende Castela, e como era moi custoso... pois algún teito estaba de uralita... qué mágoa.
Pensei eu... de novo...Estes teitos deberían ser subvencionados na súa totalidade...Pois é un patrimonio material único, maravilloso... que perdura na actualidade.

A administración galega debería de actuar aquí.
 



Outras construccións son os hórreos, tamén con teito de palla de centeo. Aquí gardaban os cereais  e curaban a carne dos xamóns para todo o ano.








Destas terras cantamos cantigas que se tocan con pandeira que foron recollidas por folkloristas da nosa terra como Xabier Díaz. Unha delas é Balouta, que leva o nome doutra aldea de Ancares na que quedan dúas pallozas tamén.


miércoles, 3 de octubre de 2018

Parque Sigurtá en Italia

Durante estes días tiven a sorte de visitar o Parque Sigurtá  no norte da  Italia, pola zona do Lago de Garda.


Ademáis de ser un gran parque para pasear e disfrutar das distintas árbores, ten unha boa colección de nenúfares e dalias. Deixovos aquí algunhas imaxes.
Descubrín tamén un tipo de hibisco, o Hibisco Palustris, do que trouxen un exemplar a ver se se dá por estas terras galegas.