Buscar este blog

domingo, 1 de marzo de 2015

Heléboros

Un día un veciño amigo da familia comparteu comigo unha planta que nese momento estaba sen flor, e eu trouxena para a casa e planteina, sen saber que era un heléboro. Afirmo que nunca tiña plantado ningúnha. Agora comprobeino uns meses despois...
O nome Heleboro provén de dous términos: unha grego: hellín, "para matar" e "Bora" alimento, que fai referencia á súa toxicidade. Polo tanto é unha planta tóxica.Na edade media usábanse na punta das lanzas para matar a xente, polo que se pode un dar conta do tóxicas que son.

As flores inclínanse  para defenderse da auga e das inclemencias do tempo.

Aquí en Galicia aparece silvestre o Heleborus fétido
A planta ten entre 50 e 70 cm de alto, a súa follaxe é verde oscura, As flores son verde cilíndrico, pálido, se se manipula deixa un olor desagradable nas mans. Teñoa visto debaixo das árbores, en sitios sombríos...
Según puden informarme acompáñase moi ben con prímulas e con convallaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario